lunes, 30 de marzo de 2015

[En Gallego] A CIG demanda a inmediata suspensión dos dous despedimentos disciplinarios aplicados por Liteyca

Reproducimos artículo sobre despidos en Liteyca por baja productividad. Este tipo de despidos se están produciendo en todas las contratas y lo que pretenden es destruir las plantillas para subcontratar todo el trabajo.

A central sindical entende que a subcontrata de Telefónica busca unha “medida exemplarizante” para o resto dos traballadores/as

Traballadores/as de Liteyca, arroupados/as por compañeiros/as doutras subcontratas, concentráronse este venres diante das instalacións de Telefónica na Coruña en rexeitamento aos dous despedimentos disciplinarios executados pola empresa, que se encarga da instalacións e mantemento das redes da operadora de telecomunicacións en diversas áreas do país.

Liteyca, explica Ramón Fernández Alfonzo, da CIG-Industria, abriu expediente a estes dous traballadores (un con cinco anos de antigüidade na empresa e outro con 17) por unha suposta baixada voluntaria da produtividade, que rematou no seu despedimento por falta moi grave. Porén, para a central nacionalista esta é unha medida con carácter exemplarizante e derivada do “perverso sistema” imposto por Telefónica ás súas contratas e subcontratas.

Neste sistema retributivo por puntos, Telefónica estabelece un prezo distinto por cada traballo e o persoal das subcontratas suma puntos en función do tipo de actuación que realice. Xunto a isto, Liteyca estabelece o mínimo de puntos a realizar, a partir do que o persoal comezaría a xerar produtividade, que se traduce nunha prima de produción. Por exemplo, se saen facer unha avaría ganan X puntos, por unha instalación de ADSL obteñen outra cantidade de puntos diferentes, e así con todos os traballos.


“O perverso do sistema radica en que se nun mes non sumas o mínimo de puntos esixido por Liteyca para xerar produtividade, quedarías a deber puntos, e se ao mes seguinte tes puntos abondo para cobrar unha prima de produción, á cantidade a maiores que che correspondería percibir réstase esa débeda contraída o mes anterior”, explica.

Porén, o baixo prezo do punto que estabelece Telefónica obriga o persoal a traballar permanentemente por enriba da súa xornada laboral, para poder acadar o mínimo de produtividade que esixe Liteyca. A maiores, este sistema está pensado para que os traballadores/as nunca saiban cantos puntos teñen a final de mes, polo que “o persoal acaba realizando xornadas leoninas para dar a produción”, denuncia Fernández Alfonzo.

Ademais, engade, chegar ou non á produción depende en gran medida das persoas que deciden que traballo vai facer cada operario/a, porque non todas as tarefas puntúan do mesmo xeito. “Se durante todo o mes che mandan facer traballos que non puntúan ou puntúan moi pouco é obvio que nunca vas acadar a produción”.

Por outra banda, Liteyca recorre á comparativa entre traballadores/as que chegan á produción e os que non para tensionar as relacións “e de cando en vez para manter a presión e a modo exemplarizante aplica despedimentos disciplinarios, como os dous casos que estamos a denunciar”. A este respecto, o representante sindical apunta que ningún destes dous traballadores tiña problemas para dar a produción, e mesmo un deles viña de estar dez días desprazado fóra de Galiza para facer unhas obras.

Se a empresa non reverte a súa decisión e readmite aos traballadores, o persoal está chamado a secundar unha folga indefinida a partir do vindeiro día 6 de abril.

Precarización na subcontratación


A problemática que se vive en Liteyca é extensiva a todo o sector que traballa para Telefónica, polo baixo prezo que impón a compañía presidida por César Alierta, que ademais fomenta a competencia desleal entre as súas contratas e subcontratas para que tiren á baixa os custes dos traballos.

Na concentración tamén se aproveitou para denunciar que a propia Liteyca comezou a subcontratar traballadores/as en condicións tan paupérrimas, que os/as operarios/as até teñen que costear parte dos gastos de desprazamento.

Apoio das Sección Sindicais da CIG en Atento e Extel


Pola súa banda, as Seccións Sindicais da CIG de Atento e Extel remitiron un comunicado de apoio ao persoal de Liteyca e ao conxunto dos traballadores/as das subcontratas de Telefónica-Movistar. Dende as Sección Sindicais denuncian que a política de externalizacións aplicada pola operadora de telecomunicacións provoca tanto a precarizacións dos empregos como dos servizos.

Unha subcontratación para abaratar custes “baseado na explotación extrema dos traballadores e traballadoras, as presións e chantaxes, e os despedimentos indiscriminados e aleatorios”.

11 comentarios:

  1. Son unos sinvergüenzas. A la altura de cualquier político corrupto y ladrón.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nota de los administradores del foro:
      Rogamos a todo el mundo que haga uso de su libertad de expresión con el máximo respeto. Entendemos que la situación es muy tensa y que la gente se está jugando su futuro laboral en esta lucha. Desde esta óptica, volvemos a repetir que la mejor forma de luchar es secundando todos juntos las movilizaciones convocadas. Desde TeleAfonica.net no rehuímos los debates sobre los límites de la acción sindical, ni sobre la dicotomía legalidad-legitimidad, pero estamos obligados por imperativo legal a mantener fuera del debate determinados comentarios. Insultos y machadas también pueden ser eliminados del foro. También avanzamos que no tenemos medios de saber, ni lo deseamos, IP's de participantes anónimos ni registrados.
      Pedimos contención en los comentarios. Este blog es una herramienta de información y difusión netamente sindical o protosindical. Para la difusión de otro tipo de actividades, no sirve.
      Terminamos diciendo que la lucha está a buen nivel y así debe continuar. De otro modo, no podremos salir airosos del conflicto con este gigante que es Telefónica.
      Animamos a todos los comités, ya sean legalmente constituidos de empresa, o elegidos directamente por las asambleas, a participar en la multiconferencia del miércoles 1 de abril.
      Salud y lucha.

      Eliminar
  3. READMISION INMEDIATA YAAAAA

    ResponderEliminar
  4. COMITE DE EMPRESA DE LITEYCA BALEARES NO DICE NI PIO, ESTAMOS TOTALMENTE DESAMPARADOS , para solictar afiliacion si dan la cara ,despues si te vi no me acuerdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. creo que la desinformacion tambien puede venir por no asistir a las asambleas ya que creo que en la ultima no habia la mitad de los afiliados a un sindicato y creo que son dos,menos hablar por detras y dar la talla

      Eliminar
    2. No creo que sea eso, porque los que asistimos al todas las reuniones tampoco tenemos información de ninguna clase

      Eliminar
  5. Si conseguís la mitad de firmas de los trabajadores de tu delegacion podeis votar para que sean expulsados dichos delegados

    ResponderEliminar
  6. http://www.economiadigital.es/es/notices/2014/06/la_plantilla_de_telefonica_y_cuatro_contratas_de_huelga_en_barcelona_56476.php Poco a poco empezamos a hacer ruido en los medios.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. http://t.co/O2YJxidC7a.otro eco de lo que està pasando

      Eliminar

Temporalmente, queda desactivada la opción de comentar anónimamente, debido al mal uso que se ha hecho de la misma. Desde ahora y hasta nuevo aviso, sólo se permiten comentarios firmados mediante una cuenta de correo de google.
Esperamos que esta medida no haga menguar el número de comentarios constructivos y de denuncia que se producían, ya que son necesarios para seguir haciendo frente a la precariedad del Sector.
Recordamos también que si alguien quiere denunciar algo de forma anónima, puede dirigirnos un correo electrónico a teleAfonica@ymail.com
Saludos